Poder: Explicou que a capacidade de influencia dos profesores sobre os alumnos é moi variable e depende dunha serie de características persoais e profesionais. Pero, xunto con esta idea do poder, debemos sinalar a súa correlación coa protección emocional, é decir, non tomar a situación como unha ofensa cara a nosa persoa, senón como algo que nos ven dado e sobre o que temos unha influenza relativa. O poder ao que facemos referencia é o sinónimo de influencia. O poder de cada profesor sobre o seu alumnado é o resultado da imaxe global que estes teñen del. Por este motivo, dice que as estratexias multiplícanse polo poder de quen as aplica, e isto é comprobable cando unha mesma estratexia é efectiva para un profesor e, en cambio, para o outro non. Este poder está presente no que el denomina "fontes de poder"
jueves, 6 de febrero de 2014
Sesión de Joan Vaello
O primeiro que nos deixou claro Joan Vaello é que el non era especialista en alumnos con trastorno de conducta, pero que cría que sí podería darnos algunhas ideas de como traballar co noso alumnado de cara a unha convivencia eficaz e eficiente. Englobándoo en 3 grandes grupos, as súas ideas foron:
Poder: Explicou que a capacidade de influencia dos profesores sobre os alumnos é moi variable e depende dunha serie de características persoais e profesionais. Pero, xunto con esta idea do poder, debemos sinalar a súa correlación coa protección emocional, é decir, non tomar a situación como unha ofensa cara a nosa persoa, senón como algo que nos ven dado e sobre o que temos unha influenza relativa. O poder ao que facemos referencia é o sinónimo de influencia. O poder de cada profesor sobre o seu alumnado é o resultado da imaxe global que estes teñen del. Por este motivo, dice que as estratexias multiplícanse polo poder de quen as aplica, e isto é comprobable cando unha mesma estratexia é efectiva para un profesor e, en cambio, para o outro non. Este poder está presente no que el denomina "fontes de poder", persoas que, polas características que sexan, teñen unha maior influencia ou posibilidade de acadar resultados positivos con un alumno concreto, sen ter por que ser o titor do grupo clase.
Dentro deste termo, explicounos a diferenza entre obter “o poder” por intimidación, é dicir, mediante a orde, a ameaza,a coacción... Ou, por outro lado, mediante a empatía, principalmente dende a cercanía e a disponibilidade.
Para conquistar este poder, dous aspectos fundamentais son as boas estratexias e o poder. O tema do poder xá está tratado nas liñas anteriores; en canto ás estratexias, remarcou a importancia de despersonalizar estas mediante o emprego do centro como axente que intervén, no lugar do profesor con accións individuais.
Fala, dentro das estratexias, da importancia das entrevistas. Por un lado, das entrevistas reforzadas, nas que son dúas as persoas que a levan a cabo. Outra posibilidade é que, observando a imposibilidade de actuar sobre certas conductas na aula, e en relación co “poder”, o que propón é a realización dunha entrevista por parte dunha persoa que sexa fonte de poder para o alumno en cuestión.
En definitiva, podemos concluir que unha entrevista funciona cuando a realiza alguén “poderoso” (empatía) aínda que debemos que ter en conta que o único que podemos conseguir son “intencións sinceiras” que soamente traerán resultados se levamos a cabo un seguemento da mesma, reforzando no alumnado o autocontrol e a forza de vontade.
Explicounos que os maiores logros de cambio cós alumnos conseguense en solitario, “sen audiencia”. O máis efectivo pode ser mostrarlle que o feito de “liala” é un signo de debilidade, non de fortaleza, polo que se lle reta a ver se “eres capaz de non liala”.
Deste xeito, o que conseguimos é, no lugar de non facelo por obrigación (mérito do profesor) a facelo como reto (mérito seu). Trátase de facelos conscientes de que temos ferramentas para obligalos, pero non queremos; e que se cambia ten algo que gañar, mentres que se non o fai, tamén ten algo que perder.
Ao conseguilo, do que non nos podemos esquecer é do recoñecemento, ata conseguir convertilo nun hábito. Especificounos de que tamén é posible realizar o reto en grupo.
Motivación:
Remarcounos como unha medida necesaria no noso centro o “control sen control”, o que se pode conseguir mediante a inversión nas 4 vocais:
1. Atención: captándoa, manténdoa e distribuindoa. Debemos ter en conta que a explicación é unha actividade de maior risco atencional, ao que debemos adicar, aproximadamente, 1.30 minutos por cada ano cronolóxico. Sen embargo, hai outros aspectos que podemos ter en conta:
• Nivel atencional: con cada tipo de actividade, combinando como mínimo dous tipos de actividades: concreto-abstracto, teórico-práctico, árido-agradable...
• Clases imprevisibles, para despertar o interes.
2. Empatía: da que xa falamos previamente.
3. Interés: traballando por centros de interes. Remarcou a necesidade, sobre todo no contexto do noso centro, da eliminación do libro de texto e propiciando tareas mecánicas e creativas. Para poder levalo á práctica temos que considerar:
• Gustos: “sabedes que...” ligado aos seus centros de interés.
• Que se lles da ben ( aptitudes, capacidades, destrezas, habilidades...).
4. Utilidade: a prioridade é que adquiran habilidades ligadas a algo útil e interesante, á vez que vexan utilidade no que fan.
Coma conclusión, di que "o que se invirte en motivación afórrase en control".
Control:
Propuxo a posta en práctica, para a educación socio-emocional, de cuñas asertivas, que se intercalan no desenvolvemento da clase cando a ocasión o permita. No noso caso, fixo refencia a empregar cada conflicto como unha oportunidade para introducir unha cuña.
Explicitou diferentes tipos con exemplos:
1. Reciprocidade: “non me fales como non queres que te falen”.
2. De adopción de perspectiva: “gustariache que te dixeran o que acabas de dicir ti”.
3. Invitación ao control.
4. Invitación á colaboración.
5. Anuncio de derivación.
Poder: Explicou que a capacidade de influencia dos profesores sobre os alumnos é moi variable e depende dunha serie de características persoais e profesionais. Pero, xunto con esta idea do poder, debemos sinalar a súa correlación coa protección emocional, é decir, non tomar a situación como unha ofensa cara a nosa persoa, senón como algo que nos ven dado e sobre o que temos unha influenza relativa. O poder ao que facemos referencia é o sinónimo de influencia. O poder de cada profesor sobre o seu alumnado é o resultado da imaxe global que estes teñen del. Por este motivo, dice que as estratexias multiplícanse polo poder de quen as aplica, e isto é comprobable cando unha mesma estratexia é efectiva para un profesor e, en cambio, para o outro non. Este poder está presente no que el denomina "fontes de poder"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario