miércoles, 5 de febrero de 2014

CONVIVENCIA NO CEE DE PANXÓN - Sesión 1 Eloísa Teijeira

"O MODELO DE CONVIVENCIA POSITIVA"

Nesta ponencia tratouse o tema da convivencia como fin. Este tipo de convivencia está enfocada a resolución de conflitos utilizando o propio conflito como unha forma de aprendizaxe. É unha convivencia baseada nunha perspectiva comunitaria a hora de resolver os problemas.
Nesta ponencia recordóusenos que a finalidade da educación non é so a adquisición de coñecementos, senón que ésta tamén debe formar persoas que se relacionen en paz consigo mesmas, cos demais e co entorno. Non debemos esquecer que unha das competencias básicas que os nosos alumnos deben adquirir a competencia social e cidadá. Para acadar este obxectivo a escola debe ser inclusiva e debe encamiñarse a formación de persoas autónomas e capaces de convivir pacificamente, e para isto é de gran importancia saber xestionar os conflitos.

Un factor moi importante para conseguir unha convivencia pacífica é o coidado do espazo e do tempo nos que se desenvolve acción educativa. Sería adecuado que a decoración teña un sentido e unha finalidade concreta, non decorar por decorar.Tampouco debemos esquecer o espazo sonoro, sería importante valorar que sonoridades favorecen unha actitude positiva do noso alumnado. Respecto o tempo, tampouco se debe deixar ao libre albedrío. Cando se fala de tempo non debemos centrarnos exclusivamente no tempo dentro da aula; son igualmente importantes as entradas e saídas, os tempos entre clases e os recreos. Respecto a este último, é importante que todos os nenos e nenas teñan a posibilidade de disfrutar de actividades que lles gustan , pero non de forma solitaria, senón que hai que atraer ao grupo cara distintos tipos de xogos , de forma que todos os nenos e nenas poidan participar e disfrutar.


Outro tema que merece a pena resaltar é a importancia de crear un clima de pertenza, de sentido de grupo, dentro do centro. Isto podería conseguirse involucrando máis ao alumnado na toma de decisións sobre determinadas actividades que se realicen no centro; de tal maneira que se sintan parte del, e asuman responsabilidades na realización das actividades e na mellora do centro.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario