“Educar para
transformar os problemas contrarios á convivencia”
Nesta sesión
tratáronse os problemas de convivencia e os principais rasgos que as
diferencian. Estes modelos contrarios á violencia son:
- Incumplimento de normas: Comportamento contrario ás normas tanto por descoñecemento como por omisión; polo que é imprescindible que sexan consensuadas entre todos a través dunha participación activa á hora de establecelas.
- Disrupción: Consiste na interrupción constante no proceso de ensino-aprendizaxe.
- Conflito: É a confrontación de intereses ou opinións entre varias persoas ou grupos.
- Acoso: Consiste na intimidación constante e con desigualdade de poder. Á hora de intervir contra o acoso, recoméndase aplicar o protocolo de acoso da consellería e o método PIKAS.
Outro aspecto
que se tratou nesta ponencia, foi a implicación das competencias básicas na
aula, tanto na metodoloxía coma na avaliación.
Encanto á
avalición faise referencia á importancia de que ésta sirva para saber non só
cómo o alumno faría algo; senón como o fai.
E no referente
á metodoloxía sinálanse a distintas formas de traballar as aprendizaxes.
- Exercicios: Son moi repetitivos e implican realizar procesos cognitivos moi básicos.
- Actividades: Son necesarios procesos cognitivos un pouco máis complexos como pensar, criticar, analizar....
- Tarefas: Implica aplicar o aprendido nunha situación real e o resultado é un produto elaborado.
Estes tres xeitos de traballar son
imprescindibles, pero tanto os exercicios coma as actividades son
insuficientes; polo que deben ser complementados con tarefas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario