Poder: Explicou que a capacidade de influencia dos profesores sobre os alumnos é moi variable e depende dunha serie de características persoais e profesionais. Pero, xunto con esta idea do poder, debemos sinalar a súa correlación coa protección emocional, é decir, non tomar a situación como unha ofensa cara a nosa persoa, senón como algo que nos ven dado e sobre o que temos unha influenza relativa. O poder ao que facemos referencia é o sinónimo de influencia. O poder de cada profesor sobre o seu alumnado é o resultado da imaxe global que estes teñen del. Por este motivo, dice que as estratexias multiplícanse polo poder de quen as aplica, e isto é comprobable cando unha mesma estratexia é efectiva para un profesor e, en cambio, para o outro non. Este poder está presente no que el denomina "fontes de poder"
jueves, 6 de febrero de 2014
Sesión de Joan Vaello
O primeiro que nos deixou claro Joan Vaello é que el non era especialista en alumnos con trastorno de conducta, pero que cría que sí podería darnos algunhas ideas de como traballar co noso alumnado de cara a unha convivencia eficaz e eficiente. Englobándoo en 3 grandes grupos, as súas ideas foron:
Poder: Explicou que a capacidade de influencia dos profesores sobre os alumnos é moi variable e depende dunha serie de características persoais e profesionais. Pero, xunto con esta idea do poder, debemos sinalar a súa correlación coa protección emocional, é decir, non tomar a situación como unha ofensa cara a nosa persoa, senón como algo que nos ven dado e sobre o que temos unha influenza relativa. O poder ao que facemos referencia é o sinónimo de influencia. O poder de cada profesor sobre o seu alumnado é o resultado da imaxe global que estes teñen del. Por este motivo, dice que as estratexias multiplícanse polo poder de quen as aplica, e isto é comprobable cando unha mesma estratexia é efectiva para un profesor e, en cambio, para o outro non. Este poder está presente no que el denomina "fontes de poder", persoas que, polas características que sexan, teñen unha maior influencia ou posibilidade de acadar resultados positivos con un alumno concreto, sen ter por que ser o titor do grupo clase.
Dentro deste termo, explicounos a diferenza entre obter “o poder” por intimidación, é dicir, mediante a orde, a ameaza,a coacción... Ou, por outro lado, mediante a empatía, principalmente dende a cercanía e a disponibilidade.
Para conquistar este poder, dous aspectos fundamentais son as boas estratexias e o poder. O tema do poder xá está tratado nas liñas anteriores; en canto ás estratexias, remarcou a importancia de despersonalizar estas mediante o emprego do centro como axente que intervén, no lugar do profesor con accións individuais.
Fala, dentro das estratexias, da importancia das entrevistas. Por un lado, das entrevistas reforzadas, nas que son dúas as persoas que a levan a cabo. Outra posibilidade é que, observando a imposibilidade de actuar sobre certas conductas na aula, e en relación co “poder”, o que propón é a realización dunha entrevista por parte dunha persoa que sexa fonte de poder para o alumno en cuestión.
En definitiva, podemos concluir que unha entrevista funciona cuando a realiza alguén “poderoso” (empatía) aínda que debemos que ter en conta que o único que podemos conseguir son “intencións sinceiras” que soamente traerán resultados se levamos a cabo un seguemento da mesma, reforzando no alumnado o autocontrol e a forza de vontade.
Explicounos que os maiores logros de cambio cós alumnos conseguense en solitario, “sen audiencia”. O máis efectivo pode ser mostrarlle que o feito de “liala” é un signo de debilidade, non de fortaleza, polo que se lle reta a ver se “eres capaz de non liala”.
Deste xeito, o que conseguimos é, no lugar de non facelo por obrigación (mérito do profesor) a facelo como reto (mérito seu). Trátase de facelos conscientes de que temos ferramentas para obligalos, pero non queremos; e que se cambia ten algo que gañar, mentres que se non o fai, tamén ten algo que perder.
Ao conseguilo, do que non nos podemos esquecer é do recoñecemento, ata conseguir convertilo nun hábito. Especificounos de que tamén é posible realizar o reto en grupo.
Motivación:
Remarcounos como unha medida necesaria no noso centro o “control sen control”, o que se pode conseguir mediante a inversión nas 4 vocais:
1. Atención: captándoa, manténdoa e distribuindoa. Debemos ter en conta que a explicación é unha actividade de maior risco atencional, ao que debemos adicar, aproximadamente, 1.30 minutos por cada ano cronolóxico. Sen embargo, hai outros aspectos que podemos ter en conta:
• Nivel atencional: con cada tipo de actividade, combinando como mínimo dous tipos de actividades: concreto-abstracto, teórico-práctico, árido-agradable...
• Clases imprevisibles, para despertar o interes.
2. Empatía: da que xa falamos previamente.
3. Interés: traballando por centros de interes. Remarcou a necesidade, sobre todo no contexto do noso centro, da eliminación do libro de texto e propiciando tareas mecánicas e creativas. Para poder levalo á práctica temos que considerar:
• Gustos: “sabedes que...” ligado aos seus centros de interés.
• Que se lles da ben ( aptitudes, capacidades, destrezas, habilidades...).
4. Utilidade: a prioridade é que adquiran habilidades ligadas a algo útil e interesante, á vez que vexan utilidade no que fan.
Coma conclusión, di que "o que se invirte en motivación afórrase en control".
Control:
Propuxo a posta en práctica, para a educación socio-emocional, de cuñas asertivas, que se intercalan no desenvolvemento da clase cando a ocasión o permita. No noso caso, fixo refencia a empregar cada conflicto como unha oportunidade para introducir unha cuña.
Explicitou diferentes tipos con exemplos:
1. Reciprocidade: “non me fales como non queres que te falen”.
2. De adopción de perspectiva: “gustariache que te dixeran o que acabas de dicir ti”.
3. Invitación ao control.
4. Invitación á colaboración.
5. Anuncio de derivación.
Poder: Explicou que a capacidade de influencia dos profesores sobre os alumnos é moi variable e depende dunha serie de características persoais e profesionais. Pero, xunto con esta idea do poder, debemos sinalar a súa correlación coa protección emocional, é decir, non tomar a situación como unha ofensa cara a nosa persoa, senón como algo que nos ven dado e sobre o que temos unha influenza relativa. O poder ao que facemos referencia é o sinónimo de influencia. O poder de cada profesor sobre o seu alumnado é o resultado da imaxe global que estes teñen del. Por este motivo, dice que as estratexias multiplícanse polo poder de quen as aplica, e isto é comprobable cando unha mesma estratexia é efectiva para un profesor e, en cambio, para o outro non. Este poder está presente no que el denomina "fontes de poder"
miércoles, 5 de febrero de 2014
CONVIVENCIA NO CEE DE PANXÓN - Sesión 2 Eloísa Teijeira
“Educar para
transformar os problemas contrarios á convivencia”
Nesta sesión
tratáronse os problemas de convivencia e os principais rasgos que as
diferencian. Estes modelos contrarios á violencia son:
- Incumplimento de normas: Comportamento contrario ás normas tanto por descoñecemento como por omisión; polo que é imprescindible que sexan consensuadas entre todos a través dunha participación activa á hora de establecelas.
- Disrupción: Consiste na interrupción constante no proceso de ensino-aprendizaxe.
- Conflito: É a confrontación de intereses ou opinións entre varias persoas ou grupos.
- Acoso: Consiste na intimidación constante e con desigualdade de poder. Á hora de intervir contra o acoso, recoméndase aplicar o protocolo de acoso da consellería e o método PIKAS.
Outro aspecto
que se tratou nesta ponencia, foi a implicación das competencias básicas na
aula, tanto na metodoloxía coma na avaliación.
Encanto á
avalición faise referencia á importancia de que ésta sirva para saber non só
cómo o alumno faría algo; senón como o fai.
E no referente
á metodoloxía sinálanse a distintas formas de traballar as aprendizaxes.
- Exercicios: Son moi repetitivos e implican realizar procesos cognitivos moi básicos.
- Actividades: Son necesarios procesos cognitivos un pouco máis complexos como pensar, criticar, analizar....
- Tarefas: Implica aplicar o aprendido nunha situación real e o resultado é un produto elaborado.
Estes tres xeitos de traballar son
imprescindibles, pero tanto os exercicios coma as actividades son
insuficientes; polo que deben ser complementados con tarefas.
CONVIVENCIA NO CEE DE PANXÓN - Sesión 1 Eloísa Teijeira
"O MODELO DE CONVIVENCIA POSITIVA"
Nesta ponencia tratouse o
tema da convivencia como fin. Este tipo de convivencia está enfocada a
resolución de conflitos utilizando o propio conflito como
unha forma de aprendizaxe. É unha convivencia baseada nunha perspectiva
comunitaria a hora de resolver os problemas.
Nesta ponencia recordóusenos que a finalidade
da educación non é so a adquisición de coñecementos, senón que ésta tamén debe
formar persoas que se relacionen en paz consigo mesmas, cos demais e co
entorno. Non debemos esquecer que unha das competencias básicas que os nosos
alumnos deben adquirir a competencia social e cidadá. Para acadar este
obxectivo a escola debe ser inclusiva e debe encamiñarse a formación de persoas
autónomas e capaces de convivir pacificamente, e para isto é de gran
importancia saber xestionar os conflitos.
Un factor moi importante para conseguir unha
convivencia pacífica é o coidado do espazo e do tempo nos que se desenvolve
acción educativa. Sería adecuado que a decoración teña un sentido e unha finalidade
concreta, non decorar por decorar.Tampouco debemos esquecer o espazo sonoro,
sería importante valorar que sonoridades favorecen unha actitude positiva do
noso alumnado. Respecto o tempo, tampouco se debe deixar ao libre albedrío. Cando
se fala de tempo non debemos centrarnos exclusivamente no tempo dentro da aula;
son igualmente importantes as entradas e saídas, os tempos entre clases e os
recreos. Respecto a este último, é importante que todos os nenos e nenas teñan
a posibilidade de disfrutar de actividades que lles gustan , pero non de forma
solitaria, senón que hai que atraer ao grupo cara distintos tipos de xogos , de
forma que todos os nenos e nenas poidan participar e disfrutar.
Outro tema que merece a pena resaltar é a
importancia de crear un clima de pertenza, de sentido de grupo, dentro do
centro. Isto podería conseguirse involucrando máis ao alumnado na toma de
decisións sobre determinadas actividades que se realicen no centro; de tal
maneira que se sintan parte del, e asuman responsabilidades na realización das
actividades e na mellora do centro.
martes, 4 de febrero de 2014
Estratexias de regulación de conflitos, mediación e negociación para o/a docente
Este foi o título do curso que impartiu no noso centro a educadora social Ana González Quinteiro durante catro tardes do outono de 2013.
Os obxectivos foron:
- Coñecer as claves necesarias para crear un marco de comunicación positiva no contexto do aula dentro dun centro escolar.
- Ser quen de identificar as causas desencadenantes dos conflitos e o seu desenvolvemento así como as bases para o proceso de mediación.
- Aportar suxestións sobre as estratexias que todolos axentes deben ter así como adquirir actitudes profesionais positivas no exercicio diario da docencia para propiciar unha convivencia pacífica no micromundo da aula.
Para que un grupo funcione ben:- O líder debe ser exemplo de comunicación hábil: concretando os feitos (dirixindo a mensaxe aos feitos e non á persoa que os fixo), expresando adecuadamente os sentimentos negativos, ser quen de indicar en que dirección han ir os cambios, ir ao gran, demostrar ao outro que entendemos as súas razóns e sen eludir a expresión de sentimentos positivos. Cómpre ser conscientes de que comunicamos permanentemente e de que a comunicación verbal e a non verbal han de ser coherentes.
- Debemos facer grupo cos nosos alumnos, que nos unan metas e obxectivos comúns, buscar intereses de todos porque van promover mellor o sentido de pertenza. Ter en conta que os castigos colectivos tamén poden facer grupo.
- Importa cómo nos ven, a impresión que damos, lembrar que sempre estamos comunicando.
Empatía: ser quen de ver o conflito desde o outro, cos seus ollos e sen xulgar. Non é dar a razón, nin calar, senón ser quen de ser coherentes e cordiais.Tomar decisións seguindo unha orde: 1. identificar o problema, 2. buscar o maior número de solucións, 3. analizalas, 4. escoller a que teña máis vantaxes e menos inconvenientes e 5. levalo a cabo, facelo. Tomar decisións de forma rápida e eficaz precisa de habilidades como a negociación e saber pór límitesAutocontrol emocional: implica pensar, sentir e actuar nesa orde pois cando perdemos os papeis algún alumnado se divirte e proxectamos unha pésima imaxe.Autoestima: xulgarnos co mesmo criterio que xulgamos aos demais e ter en conta que o comportamento das persoas depende dos outros.Asertividade: capacidade para manifestar a nosa opinión ao tempo que aceptamos e comprendemos ese mesmo dereito nos demais. Permite expresarse sen hostilidade mesmo cando amosamos oposición á conduta do interlocutor; trata de non ferir sentimentos e invitar ao cambio.Autoridade: exercela sen renunciar á negociación, que é o camiño polo que ambas partes gañan. Mais cando teñamos que dicir non, cómpre que ofrezamos alternativas e razoamentos.Escoita activa: implica estar psicolóxicamente dispoñible e atento ás mensaxes do outro porque a persoa que se sente escoitada pode relaxarse mellor e controlar as emocións negativas adecuadamente; contribúe a neutralizar os conflitos e mellora o clima de traballo. Implica ser quen de repetir o que o outro dixo de forma resumida e se facilita con preguntas abertas.Algunhas estratexias: sorrir sempre, darlles algunha responsabilidade aos máis disruptivos, saber que escoitar algo positivo axuda a mellorar, traballar a partir de centros de interese do noso alumnado; realizar actividades colectivas que impliquen a todos/as, xogos grupais, teatro, traballos con música, crear radio no centro; obradoiros de práctica de roles co alumnado, etc.Dinámicas que se levaron a cabo durante o curso:1. DebuxoMediante esta actividade, reflexionamos sobre os diferentes roles nun grupo. Tamén se fixo patente a importancia do estilo comunicativo dun líder. Como docentes, precisamos ser máis conscientes da necesidade de empregar un código comunicativo claro, conciso e sen interferencias. Se un código non funciona, teremos que buscar outro, non continuar insistindo no mesmo.2. Observación silenciosa dun compañeiros e posterior posta en comúnA través desta actividade, fíxosenos patente que comunicamos en todo momento aos nosos alumnos, aínda que non nos decatemos. O aspecto físico, a vestimenta, a postura, os xestos… todos eles conforman unha imaxe que transmitimos continuadamente.3. Xogo de roles coas sete habilidades básicasCon este xogo percatámonos da importancia das sete habilidades básicas para ser un bo líder de grupo.4. O corro dos zapatosPor medio desta actividade, fomos conscientes da necesidade dun grupo ben cohesionado para conseguir unha meta común e de como a coordinación e cooperación dos seus membros facilita moito ese labor.5. Visionado de diferentes reportaxes e documentaisMediante a visualización dos vídeos, achegámonos a unha maior comprensión sobre as actitudes que mostra o noso alumnado. Recollemos moita forza para motivar e motivarnos no noso labor diario cos rapaces: Adivino, Iron Man, pai e fillo e El circo de las mariposas.
Feito por Ester Casales, Helena Fernández e Araceli González
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

